Garbarek

Novas

24.06.08 O JAZZ VIAXA NO BUS CON “JAZZ NO VITRASA”

A partir do día 26 de xuño e durante a celebración do Festival Imaxina Sons, os viaxeiros do bus urbano poderán gozar da música durante os seus recorridos, grazas a iniciativa “Jazz no Vitrasa” que conta coa colaboración da empresa concesionaria do transporte municipal de Vigo, Vitrasa.
Cada día, parte dos músicos que interveñen na sección “Pasarrúas” trasladaranse no bus urbán ata o lugar marcado para inicia-la súa actuación de mediodía (consultar programa de Pasarrúas para máis detalles nesta mesma web). Durante o traxecto ofrecerán pequenas interpretacións en clave de jazz.
A organización do Imaxina Sons, aposta así por unha nova iniciativa para achega-la música de jazz aos cidadáns no seu entorno diario.


Organiza:

Concello de Vigo

Patrocina:

Caixanova

Colabora:

Xunta de Galicia
Xacobeo