17 / 25 xuño 2011


Por Quinito L. Mourelle

As actividades do MARCO concluíron cunha mesa redonda na que interviron Marta Nuñez Aboy e Baldo Martínez en representación do festival e os críticos de jazz Tomás Sendón e Alejandro Cifuentes.

Novas

2.07.09 Memoria dun lustro


Por Quinito L. Mourelle

As actividades do MARCO concluíron cunha mesa redonda na que interviron Marta Nuñez Aboy e Baldo Martínez en representación do festival e os críticos de jazz Tomás Sendón e Alejandro Cifuentes. Na memoria e avaliación das primeiras cinco edicións de Imaxina Sons repasáronse as dificultades de partida e as que xorden para manter a filosofía do festival e a súa peculiaridade fronte aos que o rodean no panorama actual. No capítulo das carencias, o público lembrou o bo sabor de boca dos concertos didácticos celebrados nos anos anteriores e a necesidade de afondar nese camiño para irrigar o jazz na poboación e especialmente na xente nova. As opinións do público sobre o festival son recollidas na páxina web a través dun breve cuestionario.

Marc Ducret ofreceu un concerto solista máis figurativo (en termos pictóricos) que o dos seus predecesores. Entre os recursos utilizados cabe destacar a imitación de palabras con notas (algo semellante ao que pode escoitarrse en Festa Dos Deuses de Hermeto Pascoal) e a alternancia de distorsión e amplificación co son natural ou unplugged. Sen outros elementos que a propia amplificación, o vibrado e a púa, o francés mantivo o pulso en tres pezas nas que fixo gala dun marcado sentido rítmico conducido polos patróns do rock e o rythm and blues pero levados ao seu terreo. Na propina o seu discurso tomou aínda máis terra e converteuse nunha balada country ao estilo das primeiras gravacións de Pat Metheny.



Colabora

Organiza

casa do libro
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
2011, ano da música de Galicia
novacaixagalicia
Concello de Vigo