17 / 25 xuño 2011


Martial Solal

Arranca na noite de San Xoán o 6º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, promovido pola concellería de Cultura e Animación Sociocultural, cun concerto de luxo protagonizado polo pianista e compositor francés Martial Solal (Mércores 23 xuño, 21.30h, Centro Cultural Caixanova).

Novas

22.06.10 Martial Solal abre Imaxina Sons na noite de San Xoán


Arranca na noite de San Xoán o 6º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, promovido pola concellería de Cultura e Animación Sociocultural, cun concerto de luxo protagonizado polo pianista e compositor francés Martial Solal (Mércores 23 xuño, 21.30h, Centro Cultural Caixanova).

Considerado unha lenda da música, Martial Solal co seu proxecto Newdecaband, abre unha nova edición do Imaxina Sons plena de concertos, con Root Africaine (Romano, Sclavis, Texier) Franz Koglmann e Dave Douglas, entre outros, e outras actividades como pasacalles, mesas redondas e clases maxistrais. Ademais o festival ofrece aos máis pequenos a montaxe que a compañía Galitoon estreará no Auditorio Municipal titulada Botazz! O swing do jazz (Xoves 24 xuño, 12h, 17.30h e 19h). As entradas para Imaxina Sons poden adquirirse en Caixanova.



Colabora

Organiza

casa do libro
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
2011, ano da música de Galicia
novacaixagalicia
Concello de Vigo