17 / 25 xuño 2011


Nils Petter Molvaer

Machuca Trío ofreceu un concerto de calidade , oscilando entre os tempos lentos e o rock hermético e hipnótico dos 90

Novas

5.07.08 Machuca Trío: boas novas desde Canarias


(por Quinito López Mourelle)
É moi difícil escoitar por estas latitudes a grupos saídos de Canarias, e o certo é que hai un gran descoñecemento do que ocorre na escena jazzística das illas ao marxe do seu festival de jazz de verán e dalgúns músicos como o pianista Polo Ortí que son recoñecidos na Península.
A sorpresa de Machuca Trío foi moi agradable non só por amosarnos que a ese lado do Atlántico faise jazz senón porque a súa música é valente. Nela crúzanse o estilo Frisell do guitarrista Manolo Rodríguez cunha concepción aberta e próxima en ocasións ao rock hermético e hipnótico xurdido nos 90, ademais do efecto conseguido coa utilización de pedais e algo de electrónica (con gusto e sen recargar). Os tempos lentos, máis atmosféricos e suxestivos, deixaron moi bo sabor de boca. Agardemos que a existencia de Machuca Trío non sexa unha illa dentro das illas e que poidamos coñecer a máis grupos de Canarias que atesouren unha calidade semellante.



Colabora

Organiza

casa do libro
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
2011, ano da música de Galicia
novacaixagalicia
Concello de Vigo