17 / 25 xuño 2011


Mompiana

O trompetista Markus Stockhausen e o contrabaixista Stefano Scodanibbio ofreceron un recital de escrupulosa improvisación libre nun ambiente intimista

Novas

6.07.08 M. Stockhausen e S. Scodabibbio: respectando o silencio


(por Quinito López Mourelle)
Escoita-la proposta de Markus Stockhausen e Stefano Scodanibbio é unha experiencia similar á de entrar nun templo recollido das inclemencias e as eventualidades do exterior.
Cun control exquisito do volume, a música xerada polo quinteto foi avanzando nunha soa entrega ata a conclusión do concerto. As premisas para o entendemento dos cinco argonautas son claras: respecto máximo polo silencio, escoita atenta da música que fai que o próximo para camiñar con el en sintonía e a reflexión como exercicio de moderación e prudencia.
Xa na clase maxistral ofrecida polo trompetista o pasado venres fíxose fincapé en que, na súa forma de entende-la improvisación libre, o músico non debe expresar nada ata que non teña a idea clara na súa mente. Desta forma os silencios e os espazos en branco abondan e o resultado parece cincelado pola intuición. Creo que é o único concerto que poida lembrar no se que teña interpretado cun volume tan extremadamente baixo e íntimo.
O esforzo por parte do público é grande, pero a recompensa, unha vez instalados nese templo confortable e de proporcións helénicas, é maiúscula.



Colabora

Organiza

casa do libro
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
2011, ano da música de Galicia
novacaixagalicia
Concello de Vigo