Vinculada á escola de música A tempo, esta orquestra vese enriquecida ademais coa colaboración do IES A Xunqueira 1 de Pontevedra, cuxo alumnado ten a oportunidade de acceder á formación musical de jazz.
Sábado 19/06/2010
Horarios e lugares:
Xa en vísperas da inauguración da sexta edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, que arranca o mércores 23 de xuño co concerto de Martial Solal (Centro Cultural Caixanova, 21,30), continúa este sábado 19 de xuño o ciclo “Imaxina na Rúa”, que convida ás escolas de música a actuar na cidade. Hai doce anos nacía a orquestra “A tempo” en Pontevedra como unha formación con vocación pedagóxica e integrada por estudantes e afeccionados entre os 13 e os 55 anos.
Dirixida por María Luisa Sánchez González e Miguel Angel Rodríguez, a orquestra supón unha oportunidade para iniciarse na práctica orquestral cun repertorio conformado por estándares de blues, jazz e rock. Vinculada á escola de música A tempo, esta orquestra vese enriquecida ademais coa colaboración do IES A Xunqueira 1 de Pontevedra, cuxo alumnado ten a oportunidade de acceder á formación musical de jazz.
Estes músicos entusiastas, máis de trinta, son os encargados de anunciar coa súa música a inminencia do festival animando o ambiente nos espazos públicos da cidade, algo que, como xa amosaron en anteriores ocasións, abofé que conseguen.
Sábado 19/06/2010
Horarios e lugares:
En caso de choiva, as actuacións trasládanse aos centro comerciais Travesía (11,30h), Camelias(13,30h) Plaza Elíptica (17,30h) e A Laxe (19,30h)