O contrabaixista británico Barry Guy volveu triunfar coa Barry Guy New Orchestra tras ter destacado como solista
(por Quinito López Mourelle)
As expectativas xeradas arredor do concerto de Barry Guy incrementáronse despois da súa impresionante intervención en solitario do pasado mércores, e o contrabaixista británico non defraudou aos seus recentes incondicionais. Plantexado coma unha única peza, o seu espectáculo balanceouse entre os terreos da música contemporánea e a libre improvisación.
Para sorpresa de algúns, o material interpretado seguía algunhas directrices moi marcadas no papel pautado, pero nas que había, por suposto, espazo para a liberdade interpretativa. Sen embargo, o aspecto formal foi o dunha peza clásica por unha estrutura na que se marcaban diferentes estadios coa execución de numerosos obrigados.
Os momentos de calma tras a tempestade foron fermosísimos, sobre todo pola intervención de Agustí Fernández na súa fase máis evanescente (similar á do seu traballo Aurora), e os solos máis descarnados correron a cargo do saxofonista Mats Gustafsson. Barry Guy pode jactarse de ter triunfado na cidade de Vigo por partida dobre. Boa proba diso é que á saída do concerto se tivesen esgotado os discos da súa última gravación con esta formación de luxo.