6º Festival de Jazz de Vigo

Monkillos

O festival , que se inaugura o 25 de xuño cun concerto exclusivo de Charles Lloyd , fará públicas o xoves 4 de xuño as actividades de Imaxina na Rúa, Jazz na Noite, pasarrúas e do ciclo de mesas redondas e masterclass. Cos deberes feitos e a tres semanas do inicio do festival, queremos convocarvos a unha festa-celebración no club Xancara Jazz (Rúa Isabel II, nº 6, Vigo) ese mesmo día a partir das 21h

Novas

1.06.09 Imaxina unha festa o xoves 4 de xuño no Xancara Jazz…e ven

O xoves 4 de xuño quedará pechada a programación definitiva do 5º Festival de Jazz de Vigo “Imaxina Sons”. Ao programa de concertos xa presentado a principios de maio súmanse agora toda unha serie de actividades complementarias que envolverán desde este momento a cidade de Vigo en diferentes espazos. O festival , que se inaugura o 25 de xuño cun concerto exclusivo de Charles Lloyd , fará públicas o xoves 4 de xuño as actividades de Imaxina na Rúa, Jazz na Noite, pasarrúas e do ciclo de mesas redondas e masterclass. Cos deberes feitos e a tres semanas do inicio do festival, queremos convocarvos a unha festa-celebración no club Xancara Jazz (Rúa Isabel II, nº 6, Vigo) ese mesmo día a partir das 21h. Conversa e música ao vivo para unha xuntanza de todas aquelas persoas vinculadas ao jazz e ao festival ao longo das xa cinco edicións do mesmo: músicos, xornalistas, afeccionados, etc. Sen todos vós non poderíamos imaxinar novos sons cada ano. A entrada é libre aínda que o aforo é limitado. Esperámosvos alí.