Pasacalles, jazz na noite, mesas de debate, clases maxistrais e, recuperando unha demanda do público, un espectáculo especial dirixido ao público infantil, son as propostas que o festival, organizado pola concellería de Cultura e Animación Sociocultural do concello de Vigo, presenta nesta nova edición de Imaxina Sons, do 23 de xuño ao 4 de xullo. Gañar novos públicos, programar artistas de calidade e crear un ambiente festivo en toda a cidade durante os doce días de Imaxina Sons son os obxectivos da edición 2010.

A música de jazz xa arranca nas rúas de Vigo os sábados 12 e 19 de xuño coas actividades de “Imaxina na Rúa” nas que participan a Escola Municipal de Música da Coruña e a orquestra A Tempo de Pontevedra. O festival inaugúrase o mércores 23 de xuño con concerto de Martial Solal e clausurarase o domingo 4 de xullo con Dave Douglas Quintet. As entradas anticipadas poden adquirirse en Caixanova e no teléfono 902 504 500.