17 / 25 xuño 2011


Lisbon Underground Music Ensemble (LUME)

Sábado 12 de xuño
Escola Municipal de Música da Coruña

  • 11,30h peonil do Calvario (a carón do mercado)
  • 13,00h praza da Independencia e Travesas
  • 17,30h Príncipe e contorna do MARCO
  • 19,30h Montero Ríos

Novas

11.06.10 Comeza o sábado 12 de xuño Imaxina na Rúa


A presenza da canteira do jazz galego nas rúas de Vigo anunciará a proximidade do 6º festival Imaxina Sons.
O sábado 12 de xuño o alumnado da Escola Municipal de Música da Coruña actuará en diferentes rúas e prazas baixo o selo “Imaxina na Rúa”, programa de actividades que serve de antesala do sexto festival de Jazz Imaxina Sons, que se desenvolverá do 23 de xuño ao 4 de xullo.

Con catro pases diferentes, esta ensamble dirixida por José Acuña Fernández, interpretará en directo o día 12 temas orixinais máis estándares. A área de música moderna e jazz desta escola e o seminario de jazz que celebra anualmente este centro espertan cada vez maior interese entre os rapaces afeccionados ao jazz. Eles e elas serán os responsables de animar o ambiente nestas semanas previas á inauguración de Imaxina Sons.

O seguinte sábado 19 terán a encomenda de actuar nos espazos públicos da cidade os integrantes da Orquestra A Tempo de Pontevedra, tamén dentro das actividades de Imaxina na Rúa.

Estes son os emprazamentos e horarios das diferentes actuacións da Escola Municipal de Música da Coruña o sábado 12 de xuño:

11.30h, peonil do Calvario, a carón do mercado
13.30 h, praza da Independencia e Travesas
17.30h, Príncipe e contorna do MARCO
19.30h, Montero Ríos

En caso de choiva,
11.30h, centro comercial Travesía
13.30, centro comercial Camelias
17.30, centro comercial Plaza Elíptica
19.30, centro comercial A Laxe

  • Daniel Lesta Alfeirán, trombón
  • José Romero Fernández, trombón
  • Bruno Souto Pérez, saxo alto
  • Elías Mato López, saxo alto
  • Rubén Vázquez Sánchez, saxo alto
  • Víctor Vázquez Sánchez, saxo tenor
  • Augusto Vázquez Losada, saxo tenor
  • Beatriz Estévez Álvarez, Frauta e saxo alto
  • Nicolás González Granado, clarinete
  • Naima Acuña Rodríguez, batería
  • Cristal Misa Gómez, guitarra
  • Rafael Pérez-Herrera Peña, guitarra
  • Alejandro Piñeiro Iglesias, baixo
  • Luís Vila Pillado, piano
  • Nerea Toral Jensen, teclados
  • José Acuña Fernández, director


Colabora

Organiza

casa do libro
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
2011, ano da música de Galicia
novacaixagalicia
Concello de Vigo