O sábado 26 de xuño ás 10.30h Franco D´Andrea acompañado do seu grupo quen comparta a primeira destas experiencias coas alumnas e alumnos.
O sábado 3 de xullo ás 11h Franz Koglmann quen propoña unha aula na que abordar de maneira práctica a música contemporánea.
As clases maxistrais incluídas na oferta do 6º Festival de Jazz Imaxina Sons non estarán centradas este ano na mellora de técnicas instrumentais, senón na creatividade e na composición musical contemporáneas. Dirixidas tanto a aquelas persoas que se dedican profesionalmente á música como a estudantes e afeccionados, as master class serán impartidas por dúas das grandes figuras do programa de concertos do festival.
O sábado 26 de xuño ás 10.30h será o pianista Franco D´Andrea acompañado do seu grupo quen comparta a primeira destas experiencias coas alumnas e alumnos.
O sábado 3 de xullo ás 11h será o celebrado pianista e compositor austríaco Franz Koglmann quen propoña unha aula na que abordar de maneira práctica a música contemporánea.
A partir do mércores 16 de xuño ábrese a inscrición en Imaxinasons para participar de maneira gratuíta nas clases maxistrais.