17 / 25 xuño 2011


Pablo Seoane Trío

Dave Douglas (New Jersey, EUA, 1963), o renomeado trompetista e compositor, considera que o poder da música está por riba das palabras e que, se ben o seu é un traballo persoal como ten que ser o de calquera músico, non deixa de estar conectado coas preocupacións e inquedanzas que moven o mundo. Dúas veces nominado aos Grammy, Dave Douglas será o encargado de pechar o domingo 4 ás 22h no Centro Cultural Caixanova a sexta edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons co seu quinteto, un dos seus proxectos máis maduros co que percorre un amplo abano dos sons jazzísticos contemporáneos.

Novas

3.07.10 Dave Douglas Quintet clausura a sexta edición de Imaxina Sons


“O jazz está vivo, é vibrante e é vital”. Quen así fala é un dos músicos máis prolíficos, destacados e convencidos do jazz actual en todo o mundo. Dave Douglas (New Jersey, EUA, 1963), o renomeado trompetista e compositor, considera que o poder da música está por riba das palabras e que, se ben o seu é un traballo persoal como ten que ser o de calquera músico, non deixa de estar conectado coas preocupacións e inquedanzas que moven o mundo. Dúas veces nominado aos Grammy, Dave Douglas será o encargado de pechar o domingo 4 ás 22h no Centro Cultural Caixanova a sexta edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons co seu quinteto, un dos seus proxectos máis maduros co que percorre un amplo abano dos sons jazzísticos contemporáneos.

Hiperactivo e rebordante de bo humor, Dave Douglas é considerado por parte da crítica como o jazzista americano máis europeo; o trompeta, porén, renega de etiquetas ao crer que encorsetan e limitan aos músicos e, aínda que sempre conciliador, é teimudo na defensa da vitalidade do jazz norteamericano. ¿Que dicir dun jazzista que non ten reparos en admirar –e até revisitar ou colaborar con eles- a artistas como Radiohead, Björk ou Tom Waits? Pois o que el mesmo di: “Pretendo continuar crecendo e teño unha curiosidade insaciable pola música”. Dave Douglas Quintet é un dos seus proxectos máis tardíos, tamén un dos máis duradeiros e estables. Arrincar con esta formación supuxo para el un desafío xa que o seu labor de composición e interpretación requiría del un rol diferente que o exercido noutros proxectos anteriores nos que, paradoxalmente, a complexidade instrumental e a variedade de personalidades musicais tiñan maior dimensión. The Infinite (Bluebird / RCA, 2002), o primeiro álbum do quinteto, foi nominado aos Grammy como mellor disco instrumental de jazz; despois virían Strange Liberation (Bluebird / RCA, 2004) coa colaboración do guitarrista Bill Frisell e Meaning and Mistery (Greenleaf Music, 2006). Sen dúbida, a presenza de Uri Caine (Philadelphia, EUA, 1956) no quinteto de Douglas será celebrada pola audiencia do Imaxina Sons. Caine é un dos mellores pianistas de jazz, cun traballo caracterizado polo seu achegamento á música culta e a compositores como Mahler, Bach e Beethoven e con máis de quince discos como líder, entre eles o aclamado Toys (JMT 1995, reeditado en 2005) no que tamén colaborou Dave Douglas.



Colabora

Organiza

casa do libro
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
2011, ano da música de Galicia
novacaixagalicia
Concello de Vigo