17 / 25 xuño 2011


Portico Quartet

Debido ao número de persoas xa inscritas a través da web do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, a clase maxistral que o guitarrista e compositor Fred Frith impartirá o vindeiro martes 30 no Conservatorio Superior de Vigo ten xa cubertas as prazas dispoñibles. Lembrámosvos que aínda está aberto o prazo de inscrición para a segunda master class do festival que terá lugar o sábado 4 de xullo de 11 a 13.30h da man do trombonista Nils Wogram

Novas

27.06.09 Cubertas as prazas para a clase maxistral de Fred Frith


Debido ao número de persoas xa inscritas a través da web do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, a clase maxistral que o guitarrista e compositor Fred Frith impartirá o vindeiro martes 30 no Conservatorio Superior de Vigo ten xa cubertas as prazas dispoñibles. Lembrámosvos que aínda está aberto o prazo de inscrición para a segunda master class do festival que terá lugar o sábado 4 de xullo de 11 a 13.30h da man do trombonista Nils Wogram. O músico alemán, nacido en 1972, é unha das novas e reputadas figuras do jazz europeo e nesta edición de 2009 de Imaxina Sons integra a formación de Lucas Niggli cun concerto o sábado 4 de xullo no teatro Salesianos.

En diferentes formacións, Nils Wogram ten participou nos máis importantes festivais europeos e con Root 70 xirou por todo o mundo. A súa actividade discográfica nos últimos tempos tamén é intensa: en 2008 gravaba con Root 70 o cuarto disco desta formación, titulado On 52nd 1/4 street, un directo con arume a Nova Orleans, e recentemente, neste mesmo ano, editaba coa banda Lush o disco Pretty Good News (Unit Records). Nils Wogram consegue que o trombón soe dun xeito non contemplado até agora no mundo do jazz, ese é o seu selo e o que provoca que crítica e público sigan de perto a súa traxectoria desde hai máis de dez anos. Da súa técnica brillante e versatilidade, así como dun certo gusto vintage que se pode apreciar nas súas gravacións, serán testemuñas directas aquelas persoas que participen da clase maxistral do trombonista.



Colabora

Organiza

casa do libro
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
2011, ano da música de Galicia
novacaixagalicia
Concello de Vigo