17 / 25 xuño 2011


Avishai  Cohen

O prezo dos abonos válidos para os tres concertos e que se poden conseguir a través do servizo de venda de entradas de Caixanova, na web Caixanova ou no teléfono 902 504 500, é o seguinte: butaca 30,60 €; 1º anfiteatro, 28,05 €; 2º anfiteatro, 25,50 € e 3º anfiteatro 22,95 €.

Novas

18.05.09 Consegue o teu abono para Imaxina Sons


Até o 31 de maio pódense adquirir os abonos para os tres concertos que terán lugar no Centro Cultural Caixanova incluídos na 5ª edición do Festival de Jazz de Vigo “Imaxina Sons”, que se celebra do 25 de xuño ao 5 de xullo.

Este abono permite a asistencia aos seguintes concertos: a actuación inaugural do festival co cuarteto do grande saxofonista norteamericano Charles Lloyd (xoves 25 de xuño), o concerto do contrabaixista Miroslav Vitous en homenaxe ao mítico grupo Weather Report, do que foi integrante (domingo 28 de xuño) e a actuación de peche da quinta edición do festival coa máis prestixiosa big band europea, a Vienna Art Orchestra (domingo 5 de xullo). Os tres concertos son exclusivos do Festival de Jazz de Vigo “Imaxina Sons”.



Colabora

Organiza

casa do libro
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
2011, ano da música de Galicia
novacaixagalicia
Concello de Vigo