17 / 25 xuño 2011


Avishai  Cohen

A visita ao festival do trompetista e compositor vienés Franz Koglmann é sen dúbida unha das máis esperadas; esta figura da música contemporánea europea, non recoñecido estritamente como músico de jazz, impartirá unha clase maxistral pola mañán para, xa na tardiña, poñer en escena o seu proxecto ao redor da novela Lolita de Nabokov (Auditorio municipal, 20.30h). Farao co Monoblue Quartet na que é a súa primeira visita a España con esta formación da que forma parte Tony Coe, saxofonista colaborador nos setenta de Henry Mancini. Na praza da Constitución a pianista Irene Aranda presentará o seu quinteto no festival (23h).

Novas

2.07.10 Concertos de Franz Koglmann e Irene Aranda o sábado 3


Penúltimo día de Imaxina Sons o sábado 3 de xullo cunha xornada intensa de música e actividades. A visita ao festival do trompetista e compositor vienés Franz Koglmann é sen dúbida unha das máis esperadas; esta figura da música contemporánea europea, non recoñecido estritamente como músico de jazz, impartirá unha clase maxistral pola mañán para, xa na tardiña, poñer en escena o seu proxecto ao redor da novela Lolita de Nabokov (Auditorio municipal, 20.30h). Farao co Monoblue Quartet na que é a súa primeira visita a España con esta formación da que forma parte Tony Coe, saxofonista colaborador nos setenta de Henry Mancini. Na praza da Constitución a pianista Irene Aranda presentará o seu quinteto no festival (23h). A xoven compositora leva na súa maleta a bagaxe da tradición andaluza e española, pero o seu non é flamenco jazz. A súa concepción musical é moi aberta e, en calquera caso, o que se percibe desde o primeiro momento é a súa sólida formación clásica.



Colabora

Organiza

casa do libro
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
2011, ano da música de Galicia
novacaixagalicia
Concello de Vigo