6º Festival de Jazz de Vigo

FK MONOBLUE

Imaxina Sons confirma o seu papel de escaparate para as tendencias do jazz europeo actual e consolida o seu público, nun contexto optimista para o jazz galego

Novas

10.07.08 Balanzo da edición 2008

Figuras menos coñecidas, pero con plantexamentos atractivos, foron o guitarrista italiano Simoni Guiducci coa súas interpretacións ligadas ao folclore, mentres que a súa compatriota, a contrabaixista Giulia Valle, ofrecía a súa propia versión sinfónica da evolución musical desde os tempos clásicos ao rock.
Non faltaron as propostas máis intimistas, representadas neste caso por Markus Stockhausen e Stefano Scodanibbio e o seu quinteto de “música intuitiva” nun concerto marcado, paradoxalmente, polo uso do silencio.
Do panorama español destacaron as aportacións dos canarios Machuca Trío, unha agradable sorpresa que descubriu que o jazz existe e goza de boa saúde nas illas; tamén sobresaíu o saxofonista valenciano Javier Vercher, coa súa cálida espiritualidade expresada en intensas baladas. Por fin, Santi Ibarretxe trouxo a Vigo a lúdica e corrosiva proposta do seu grupo Prímital, unha ousada maraña de funk, rock, verbena e ópera cómica.