6º Festival de Jazz de Vigo

FK MONOBLUE

Imaxina Sons confirma o seu papel de escaparate para as tendencias do jazz europeo actual e consolida o seu público, nun contexto optimista para o jazz galego

Novas

10.07.08 Balanzo da edición 2008

VANGARDA EUROPEA

Se un dos sinais de identidade do Imaxina Sons é a súa referencia ao jazz europeo de vangarda, o obxectivo cumpriuse co repaso ao catálogo das tendencias europeas actuais. No festival tiveron cabida estilos tan alonxados como o show de Stefano Bollani (todo técnica e creatividade ao servizo do humor) ou a implacable descarga sonora dos Atomica / School Days capitaneados polo saxofonista Ken Vandermark, navegando sen complexos entre a música escrita e o free jazz.

As actuacións de grandes figuras como a orquestra de Barry Guy,o grupo do clarinetista Michel Portal ou o trompetista Enrico Rava demostraron que o jazz de calidade sempre sorprende coas súas propostas, por máis previsibles que resulten.