6º Festival de Jazz de Vigo

Mompiana L'Auditori

Imaxina Sons confirma o seu papel de escaparate para as tendencias do jazz europeo actual e consolida o seu público, nun contexto optimista para o jazz galego

Novas

10.07.08 Balanzo da edición 2008

Por outra banda, os concertos de solistas do museo MARCO son unha fórmula a medio camiño entre as master-class e as interpretacións de grupo. Intérpretes como Barry Guy ou o galego Antonio Bravo, puxeron en acción o seu catálogo de recursos estilísticos (o primeiro ao contrabaixo e o segundo combinando á guitarra e as pistas de son pregrabadas) nunha especie de solo prolongado.
Tamén foron estes concertos solistas o espazo de fórmulas absolutamente experimentais, como a poesía sonoro-vocal de Americo Rodrígues e os seus expresivos alardes inhalantes-exhalantes.
Os aspectos históricos do jazz en España foron o tema central das conferencias que ofreceron na segunda semana do Imaxina Sons, os expertos Juan Claudio Cifuentes (“Cifu”) e Germán Lázaro respectivamente. Os especialistas centráronse no primeiro caso na época dourada do Madrid dos 60 con nacemento das primeiras compañías discográficas, e no segundo na explosión creativa da Barcelona dos 70, coa aparición das tendencias que marcarían a evolución do jazz desde Miles Davis e Weather Report ás influencias do rock e o folk.