Imaxina Sons confirma o seu papel de escaparate para as tendencias do jazz europeo actual e consolida o seu público, nun contexto optimista para o jazz galego
É un cerimonial case máxico, onde os “druídas” dos diversos instrumentos, desde a autoridade dunha mestría técnica indubidable, abren camiños á evolución e trazan mapas de estilo que outros poden seguir. Impresionantes a este respecto, os Bojan Z e os Markus Stockhausen e Stefano Socadnibbio.
Deste xeito, Imaxina Sons consegue fixar unha referencia estable no eido da formación especializada e Vigo sitúase como un dos focos de atención para os especialistas durante a celebración do festival.