6º Festival de Jazz de Vigo

Douglas2©J.Katz

Imaxina Sons confirma o seu papel de escaparate para as tendencias do jazz europeo actual e consolida o seu público, nun contexto optimista para o jazz galego

Novas

10.07.08 Balanzo da edición 2008

Do impulso (e a boa saúde) do jazz galego falan por exemplo as “estreas” en público de gravacións recentes como Soños e Delirios (editado por Karonte) de Lucía Martínez, Zinco do quinteto de Marcelino Galán (do selo galego Free Code) ou Pascala, de Terela Gradín e Manuel Gutiérrez, tamén neste último selo.
Ao respecto da formación é importante destacar sobre todo o aumento espectacular de público que rexistraron as master-class. Auténtica pedra de toque no contexto da formación, estas sesións especializadas foron lugar de encontro de estilos e fórmulas que os intérpretes ofreceron “en cru” aos asistentes (músicos de variadas procedencias, na súa maioría), no marco do Conservatorio Superior de Música de Vigo.