Imaxina Sons confirma o seu papel de escaparate para as tendencias do jazz europeo actual e consolida o seu público, nun contexto optimista para o jazz galego
IMPULSO EN GALICIA
Máis importante, se cadra, para este novo impulso do jazz galego foi a aparición de centros de formación específicos (a escola “A Tempo” de Pontevedra, a “Jazz Ensemble” de A Coruña, presentaron no festival as súas formacións) e a importancia que nos conservatorios teñen as especialidades vinculadas a este estilo musical.
Músicos novos como Paco Charlín ou máis veteranos, como Fernando Llorca, de Clunia, aseguran co seu labor docente o necesario intercambio de experiencias e coñecementos.