Imaxina Sons confirma o seu papel de escaparate para as tendencias do jazz europeo actual e consolida o seu público, nun contexto optimista para o jazz galego
Unha actuación que estivo precedida na xornada inaugural do cuarteto galego Clunia Jazz, no concerto conmemorativo do seu 25 aniversario. O cuarto de século que vai dos tempos do Filloa (emblemático local do jazz na Coruña onde se deu a coñece-lo grupo) ata hoxe foi un tempo moi aproveitado. Hai un paso de xigante entre esa escena do jazz practicamente deserta (a penas o Filloa na Coruña e o Sachtmo en Vigo) ao panorama actual con locais que programan frecuentes actuacións de jazz en case tódalas grandes vilas galegas.
Internet e o seu prodixioso poder de difusión e contacto, xunto ao nacemento dunha industria musical galega son outro dos polos que marcan esta nova xeografía musical galega, destinada a integrarse no mapa global.