6º Festival de Jazz de Vigo

Factor -E- Reset

Imaxina Sons confirma o seu papel de escaparate para as tendencias do jazz europeo actual e consolida o seu público, nun contexto optimista para o jazz galego

Novas

10.07.08 Balanzo da edición 2008

A edición 2008 do Imaxina Sons serviu para comprobar que existe un público fiel e estable para o jazz, mesmo en condicións tan especiais como a coincidencia coa celebración da Eurocopa. Un público no que, por certo, non faltaron as novas xeracións interesadas en ver de cerca aos “históricos” do jazz ou as últimas tendencias de vangarda.

Para os responsables do festival o que resta agora é afronta-la vindeira edición, na que este evento cumprirá o seu primeiro lustro de vida. E ese traballo empeza a partir deste momento, coa intención clara de reforzar e consolidar en 2009 un evento que deberá facer un primeiro balanzo xeral tras esta etapa inicial da súa historia.