03 julio, 2010 Atlantic Bridge no auditorio municipal o domingo 4
Atlantic Bridge nace en 2008 sobre unhas liñas musicais caracterizadas por un forte contido melódico de raíz galega e ibérica, tamizado polo son e a creación do jazz ensamble neoiorquino. En formación de sexteto nace este grupo co lanzamento dun primeiro album co mesmo título que dá nome á banda, rendendo unha homenaxe ás clásicas formacións de orquestra en formato reducido, cuxo repertorio de creación propia está directamente relacionado coas músicas do mundo enraizadas na música de orixe ibérica, latina e europea.
Atlantic Bridge, ponte galego-norteamericana con Alberto Conde e Steve Brown á fronte, sube a escena o domingo 4 no auditorio municipal (19.30h). Que contar da ponte atlántica construída por Alberto Conde e Steve Brown en Atlantic Bridge? O pianista e o guitarrista coñecéronse en 1980 no primeiro seminario de jazz de Banyoles (Girona); daquela Conde aínda era un intérprete de guitarra que aínda non se pasara ao piano e Brown era unha referencia xa no mundo do jazz. Atlantic Bridge nace en 2008 sobre unhas liñas musicais caracterizadas por un forte contido melódico de raíz galega e ibérica, tamizado polo son e a creación do jazz ensamble neoiorquino. En formación de sexteto nace este grupo co lanzamento dun primeiro album co mesmo título que dá nome á banda, rendendo unha homenaxe ás clásicas formacións de orquestra en formato reducido, cuxo repertorio de creación propia está directamente relacionado coas músicas do mundo enraizadas na música de orixe ibérica, latina e europea.