17 / 25 xuño 2011


Desbundixie

A 5ª edición do Festival de Jazz de Vigo “Imaxina Sons” xa está máis perto. O martes 5 de maio pola mañán presentouse no Concello de Vigo a programación do festival que se vai desenvolver do 25 de xuño ao 5 de xullo de 2009 en diferentes espazos da cidade. Para expoñer e comentar o programa desta nova edición de “Imaxina Sons” participaron na rolda de prensa o concelleiro de Cultura de Vigo, Xesús López, a directora de programación Obra Social de Caixanova, María Pereira, e o director artístico do festival, Baldo Martínez.

Novas

5.05.09 A 5ª edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons xa está máis perto


Na presentación do programa de 2009 quedou patente a magnífica traxectoria de Imaxina Sons até este momento e a importancia da súa quinta edición para consolidar a súa marca. O festival, promovido polo Concello de Vigo, nacía para atender as demandas das e dos afeccionados, servir como escaparate do jazz máis próximo e vangardista, acadar a implicación da cidadanía e captar a atención da crítica especializada. Eses son os seus cimentos e así o puxeron de manifesto os representantes institucionais presentes na rolda de prensa e o director artístico do festival.



Colabora

Organiza

casa do libro
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
2011, ano da música de Galicia
novacaixagalicia
Concello de Vigo