25 de xuño - 5 de xullo 2009
concertos, conferencias, mesas redondas, master-class, música na rúa
Ao asexo de novas propostas que amplíen o abano de estilos da linguaxe do jazz, o festival Imaxina Sons de Vigo chega á quinta edición. Desde 2005 na procura dos movementos e das innovacións no contexto europeo, peninsular e galego como trazo de identidade. Promovido polo Concello de Vigo, o Imaxina Sons, como o seu nome xa indica, xurdiu para sorprender e arriscar, cunha filosofía propia e singular que provocou desde os seus inicios moitos parabéns e que o converteu nun punto de referencia do jazz peninsular. Lonxe da autocompracencia, Imaxina Sons medra para ofrecer en 2009 unha nova proposta de jazz, esa linguaxe de carácter indomable imposible de acalmar.
Ler máis
Novas
3.07.09 Un repertorio oportuno e Zappa
2.07.09 Memoria dun lustro
2.07.09 A poética da extenuación
30.06.09 Improvisación libre
30.06.09 Avaliamos o festival. ¡Participa!
Participa na enquisa do festival aqui
O Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons necesita a túa participación para facer balance das súas primeiras cinco edicións.
O mércores 1 de xullo a partir das 20.30h desenvolverase unha mesa redonda no MARCO baixo o título Cinco edicións de Imaxina Sons. Desafíos dun festival de jazz na que participarán o director artístico do festival, Baldo Martínez e os críticos Tomás Sendón e Alejandro Cifuentes.
Ler máis
