| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 17.06.2011, 11:00 | Entrada libre até completar aforo |
Hai xa trece anos que nacía a orquestra A Tempo en Pontevedra como unha formación con vocación pedagóxica e integrada por estudantes e afeccionados entre os 13 e os 55 anos.
11:00 Imaxina na rúa
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 17.06.2011, 13:00 | Entrada libre até completar aforo |
Hai xa trece anos que nacía a orquestra A Tempo en Pontevedra como unha formación con vocación pedagóxica e integrada por estudantes e afeccionados entre os 13 e os 55 anos.
13:00 Imaxina na rúa
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 17.06.2011, 17:30 | Entrada libre até completar aforo |
Hai xa trece anos que nacía a orquestra A Tempo en Pontevedra como unha formación con vocación pedagóxica e integrada por estudantes e afeccionados entre os 13 e os 55 anos.
17:30 Imaxina na rúa
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 17.06.2011, 19:30 | Entrada libre até completar aforo |
Hai xa trece anos que nacía a orquestra A Tempo en Pontevedra como unha formación con vocación pedagóxica e integrada por estudantes e afeccionados entre os 13 e os 55 anos.
19:30 Imaxina na rúa
| Lugar | Teatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova (Policarpo Sanz 13) |
| Data | 17.06.2011, 22:30 |
| Prezo | Butaca: 12 €; 1º anf: 11 €; 2º anf: 10 €; 3º anf: 9 € |
| Escoitar en Spotify | Seven Seas (2011) |
O contrabaixista e cantante Avishai Cohen (Xerusalén, 1970) está a presentar en escenarios de todo o mundo o seu novo traballo discográfico Seven seas; no mes de abril comezou xira europea colgando o cartel de non hai entradas na sala Olympia de París e forzando un segundo concerto non previsto. Como un efecto dominó, as butacas enchéronse en todos os seus concertos continentais.
| Lugar | Xancarajazz (Isabel II, 6) |
| Data | 18.06.2011, 01:30 | Entrada libre até completar aforo |
01:30 Gabriel Peso Trío
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 18.06.2011, 11:00 | Entrada libre até completar aforo |
A Escola Municipal de Música da Coruña acubilla no seu seo a alumnos e alumnas con diferentes intereses e sensibilidades musicais; de diferentes idades e con estilos dispares. Sen dúbida, a área de música moderna e jazz desta escola e o seminario de jazz que celebra anualmente este centro espertan cada vez maior interese entre os rapaces afeccionados ao jazz.
11:00 Imaxina na rúa
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 18.06.2011, 13:00 | Entrada libre até completar aforo |
A Escola Municipal de Música da Coruña acubilla no seu seo a alumnos e alumnas con diferentes intereses e sensibilidades musicais; de diferentes idades e con estilos dispares. Sen dúbida, a área de música moderna e jazz desta escola e o seminario de jazz que celebra anualmente este centro espertan cada vez maior interese entre os rapaces afeccionados ao jazz.
13:00 Imaxina na rúa
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 18.06.2011, 17:30 | Entrada libre até completar aforo |
A Escola Municipal de Música da Coruña acubilla no seu seo a alumnos e alumnas con diferentes intereses e sensibilidades musicais; de diferentes idades e con estilos dispares. Sen dúbida, a área de música moderna e jazz desta escola e o seminario de jazz que celebra anualmente este centro espertan cada vez maior interese entre os rapaces afeccionados ao jazz.
17:30 Imaxina na rúa
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 18.06.2011, 19:30 | Entrada libre até completar aforo |
A Escola Municipal de Música da Coruña acubilla no seu seo a alumnos e alumnas con diferentes intereses e sensibilidades musicais; de diferentes idades e con estilos dispares. Sen dúbida, a área de música moderna e jazz desta escola e o seminario de jazz que celebra anualmente este centro espertan cada vez maior interese entre os rapaces afeccionados ao jazz.
19:30 Imaxina na rúa
| Lugar | Auditorio “Martín Codax” do Conservatorio Superior de Música (Manuel Olivie 23) |
| Data | 18.06.2011, 21:00 | Entrada libre até completar aforo |
| Escoitar en Spotify | Falou (2011) |
Pablo Seoane (Ferrol, 1968) é, desde hai unha década, unha figura inqueda no panorama jazzístico galego. Pianista, compositor, profesor, escritor… A súa enerxía transmítese na música que fai: composicións de jazz contemporáneo que funden as súas raíces, formas e improvisacións no jazz clásico sen rexeitar a experimentación con fraseos e harmonía modernas.
21:00 Pablo Seoane Trío
| Lugar | Xancarajazz (Isabel II, 6) |
| Data | 19.06.2011, 01:30 | Entrada libre até completar aforo |
01:30 Gabriel Peso Trío
| Lugar | Auditorio “Martín Codax” do Conservatorio Superior de Música (Manuel Olivie 23) |
| Data | 19.06.2011, 21:00 | Entrada libre até completar aforo |
| Escoitar en Spotify | Mompiana (2009) |
Falaba Frederic Mompou (Barcelona, 1893-1987) das súas composicións como música de audición interna; cos medios mínimos o compositor tiña como obxectivos “penetrar nas grandes profundidades da alma e as rexións máis secretas do espírito”. Ao pianista Lluís Vidal (Barcelona, 1959) perseguiuno sempre a música de Mompou, até chegou a vivir no mesmo edificio que o compositor en Barcelona nos últimos anos de vida deste.
21:00 Mompiana
| Lugar | |
| Data | 20.06.2011, 19:00 | Entrada libre até completar aforo |
Ao redor de Cirlot. Unha proposta poética de Eva Veiga e Bernardo Martínez.
Na Casa do Libro
19:00 Ao redor de Cirlot
| Lugar | Salón de actos do MARCO (Príncipe 54) |
| Data | 20.06.2011, 20:30 |
| Prezo | 3€ |
| Escoitar en Spotify | Merriwinkle (2004) |
Coa cantante Sidsel Endresen (Noruega, 1952) o Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons propón unha experiencia vocal única que demostra que a voz como instrumento non ten límites dentro do jazz. A cantante norueguesa conduce a súa voz en diferentes niveis; tan pronto domina a escena como xoga con texturas á beira dos outros instrumentos, confundíndose con eles. Sidsel Endresen exerce de poeta que precisa da música e como representante da música atonal, dotada dunha extraordinaria imaxinación.
20:30 Sidsel Endresen
| Lugar | Contrabajo (Venezuela 82) |
| Data | 20.06.2011, 23:00 | Entrada libre até completar aforo |
23:00 Marosa Jazz Project
| Lugar | Salón de actos do MARCO (Príncipe 54) |
| Data | 21.06.2011, 20:30 |
| Prezo | 3€ |
Dúo de violoncelos no escenario? Pois si. Como nos lembra o crítico portugués Rui Eduardo Paes, sendo unha rareza na música occidental hai que remitirse ao repertorio do compositor romántico Jacques Offenbach para atopar a inspiración desta proposta actual. Retomando ese espírito e cunha oferta apta para exploradores, Ulrich Mitzlaff e Miguel Mira formulan un xogo entre violoncelos na procura da súa propia esencia, dos valores intrínsecos dun instrumento que, de súpeto, pode verse afastado da súa sonoridade máis popular. Poderiamos dicir sen esaxerar que os dous músicos métense de cabeza no violoncelo.
| Lugar | Xancarajazz (Isabel II, 6) |
| Data | 21.06.2011, 23:00 | Entrada libre até completar aforo |
| Lugar | Salón de actos do MARCO (Príncipe 54) |
| Data | 22.06.2011, 20:30 |
| Prezo | 3€ |
| Escoitar en Spotify | Platos Combinados (2011) |
Paolo Angeli, Sasha Agranov e Oriol Roca son tres músicos con vertentes artísticas moi orixinais por separado. Desde hai algo máis dun ano, as ocorrencias dos tres súmanse no escenario co proxecto Piccola Orchestra Gagarin, que naceu tras unha actuación en Barcelona. Como o astronauta ruso fixo hai cincuenta anos, o seu é unha viaxe ao exterior con rumbo incerto. Cada concerto da Piccola Orchestra Gagarin é unha experiencia única. Instrumentos tuneados para a ocasión, obxectos que se agregan ao espectáculo, sentido do humor, sons tradicionais de Sardeña que coa voz de Angeli adquiren forza, toques pop e free jazz.
| Lugar | Auditorio Municipal |
| Data | 22.06.2011, 22:00 |
| Prezo | 5€ |
Con quince integrantes, a portuguesa Lisbon Underground Music Ensemble achégase á idea de big band polo número de músicos mais o certo é que o seu repertorio se afasta de calquera concepción tradicional. O seu primeiro disco homónimo, editado en 2010, revela os lazos coa música pop e rock, especialmente a querenza dos portugueses por Frank Zappa e pola música de baile. A banda apóiase na frauta, no clarinete e no saxo soprano; conta con músicos procedentes do jazz pero tamén da música clásica. Baixo a dirección do compositor e pianista Marco Barroso, LUME mestura influencias do funk, do boogie woogie e de ambientes impresionistas; así mesmo conxuga a música escrita coa improvisación. Nos últimos anos convertéronse nun dos acontecemento do jazz en Portugal.
| Lugar | Contrabajo (Venezuela 82) |
| Data | 22.06.2011, 23:00 | Entrada libre até completar aforo |
23:00 Marosa Jazz Project
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 23.06.2011, 13:00 | Entrada libre até completar aforo |
Unha viaxe pola historia do jazz que ten como obxectivo animar a quen a escoita e fomentar o gusto por este xénero musical en tantas ocasións considerado elitista. Así é a proposta de pasacalles da sétima edición de Imaxina Sons coa banda portuguesa Desbundixie.
13:00 Pasacalles
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 23.06.2011, 19:00 | Entrada libre até completar aforo |
Unha viaxe pola historia do jazz que ten como obxectivo animar a quen a escoita e fomentar o gusto por este xénero musical en tantas ocasións considerado elitista. Así é a proposta de pasacalles da sétima edición de Imaxina Sons coa banda portuguesa Desbundixie.
19:00 Pasacalles
| Lugar | Salón de actos do MARCO (Príncipe 54) |
| Data | 23.06.2011, 19:30 | Entrada libre até completar aforo |
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 23.06.2011, 21:00 | Entrada libre até completar aforo |
Unha viaxe pola historia do jazz que ten como obxectivo animar a quen a escoita e fomentar o gusto por este xénero musical en tantas ocasións considerado elitista. Así é a proposta de pasacalles da sétima edición de Imaxina Sons coa banda portuguesa Desbundixie.
21:00 Pasacalles
| Lugar | |
| Data | 23.06.2011, 21:30 |
| Prezo | 5€ |
Co concerto de Xan Campos Trío o Imaxina Sons está a programar o talento do novísimo jazz feito en Galicia. O pianista de Cangas leva unha abraiante traxectoria, se atendemos á súa xuventude. Coñece ao batería Iago Fernández no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, co que establece unha alianza musical e posteriormente ambos atópanse co contrabaixista Horacio García no Centro Superior de Música do País Vasco, no que cursaban o grao superior de jazz. Levan xuntos como trío desde aquela, hai máis de cinco anos, e veñen de editar o disco Orixe Cero, no que o pianista se esforzou no traballo coas estruturas rítmicas e, no proceso, acabou dando con varias melodías apegadizas.
21:30 Xan Campos Trío
| Lugar | Pub Quomo (Alfonso XIII, 3) |
| Data | 24.06.2011, 00:30 | Entrada libre até completar aforo |
00:30 Patricia Moon
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 24.06.2011, 13:00 | Entrada libre até completar aforo |
Unha viaxe pola historia do jazz que ten como obxectivo animar a quen a escoita e fomentar o gusto por este xénero musical en tantas ocasións considerado elitista. Así é a proposta de pasacalles da sétima edición de Imaxina Sons coa banda portuguesa Desbundixie.
13:00 Pasacalles
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 24.06.2011, 19:00 | Entrada libre até completar aforo |
Unha viaxe pola historia do jazz que ten como obxectivo animar a quen a escoita e fomentar o gusto por este xénero musical en tantas ocasións considerado elitista. Así é a proposta de pasacalles da sétima edición de Imaxina Sons coa banda portuguesa Desbundixie.
19:00 Pasacalles
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 24.06.2011, 21:00 | Entrada libre até completar aforo |
Unha viaxe pola historia do jazz que ten como obxectivo animar a quen a escoita e fomentar o gusto por este xénero musical en tantas ocasións considerado elitista. Así é a proposta de pasacalles da sétima edición de Imaxina Sons coa banda portuguesa Desbundixie.
21:00 Pasacalles
| Lugar | Auditorio Municipal |
| Data | 24.06.2011, 21:30 |
| Prezo | 5€ |
| Escoitar en Spotify | Lodge (2008) |
Entre as figuras que marcan as identidades do jazz europeo ao longo das últimas décadas e sobre as que Imaxina Sons construíu tamén o seu discurso sempre quedan débedas pendentes. Por iso é unha satisfacción cando chega o momento de poder saldalas co público do festival. Tal é o caso de Nils Petter Molvaer (Sula, Noruega, 1960), trompetista, compositor e produtor cunha ambiciosa traxectoria no mundo jazzístico que o levou por paus diversos. Sen dúbida, é un dos nomes de referencia do jazz desde hai máis dunha década, cando o seu álbum Khmer (ECM 1997) acadou un grande éxito e o artista comezou a gobernar completamente na súa travesía musical. Nils Petter Molvaer sempre quere facer algo distinto e chega á sétima edición de Imaxina Sons acompañado da electrónica.
21:30 Nils Petter Molvaer
| Lugar | Praza da Constitución |
| Data | 24.06.2011, 23:00 | Entrada libre até completar aforo |
| Escoitar en Spotify | The revolution EP |
O pianista Neil Cowley (Londres, 1972) descríbese como un outsider. Porén, a súa frenética actividade musical e o éxito conseguido nos últimos anos sitúao no centro musical do jazz. Ou quizais do pop, porque Neil Cowley fai unha lectura jazzística da música popular das últimas décadas. Este pianista, que di estar nas marxes, non ten parada: colabora con iconas do pop como o grupo Stereophonics, crea música para unha campaña televisiva de telefonía móbil, recolle premios e distincións e ten oportunidade de desenvolver, desde hai seis anos, un proxecto sólido á fronte do seu trío. Non está a inventar, Cowley, o encontro entre o jazz e a tradición británica do pop-rock, pero si o impregna de nova forza e frescura.
23:00 Neil Cowley Trio
| Lugar | Xancarajazz (Isabel II, 6) |
| Data | 25.06.2011, 01:30 | Entrada libre até completar aforo |
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 25.06.2011, 13:00 | Entrada libre até completar aforo |
Unha viaxe pola historia do jazz que ten como obxectivo animar a quen a escoita e fomentar o gusto por este xénero musical en tantas ocasións considerado elitista. Así é a proposta de pasacalles da sétima edición de Imaxina Sons coa banda portuguesa Desbundixie.
13:00 Pasacalles
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 25.06.2011, 19:00 | Entrada libre até completar aforo |
Unha viaxe pola historia do jazz que ten como obxectivo animar a quen a escoita e fomentar o gusto por este xénero musical en tantas ocasións considerado elitista. Así é a proposta de pasacalles da sétima edición de Imaxina Sons coa banda portuguesa Desbundixie.
19:00 Pasacalles
| Lugar | Teatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova (Policarpo Sanz 13) |
| Data | 25.06.2011, 21:00 |
| Prezo | Butaca: 12 €; 1º anf: 11 €; 2º anf: 10 €; 3º anf: 9 € |
Se unha das cuestións que define a edición de 2011 de Imaxina Sons é a presenza da música británica na súa programación, isto débese en boa parte á participación do compositor e pianista John Taylor. Considerado un artesán...
21:00 John Taylor
| Lugar | Rúas de Vigo |
| Data | 25.06.2011, 21:00 | Entrada libre até completar aforo |
Unha viaxe pola historia do jazz que ten como obxectivo animar a quen a escoita e fomentar o gusto por este xénero musical en tantas ocasións considerado elitista. Así é a proposta de pasacalles da sétima edición de Imaxina Sons coa banda portuguesa Desbundixie.
| Lugar | Praza da Constitución |
| Data | 25.06.2011, 23:00 | Entrada libre até completar aforo |
| Escoitar en Spotify | Knee-Deep in the North Sea |
En moi pouco tempo a formación británica Portico Quartet acadou prestixio e fama no ámbito jazzístico; percorreron moito a grande velocidade. Para algúns, é unha banda de mozos de vintetantos cunhas fantásticas perspectivas; para outros é xa unha formación madura coas cartas enriba da mesa. Duncan Bellamy, na batería, Milo Fitzpatrick no contrabaixo, Keir Vine, hang e teclado, e Jack Wyllie, nos saxos tenor e soprano e na electrónica, son os citados rapaces de vintepoucos. Queren atender ás expectativas creadas sobre eles, de modo que no último ano non paran de tocar e de preparar unha chea de material novo. Co seu primeiro disco chegaron ás listas comerciais da radiofórmula británica e, desde aquela, continúan en racha cunha receita que ule a jazz aínda que non fuxe nin da electrónica non dos ritmos do mundo.
23:00 Portico Quartet
| Lugar | Xancarajazz (Isabel II, 6) |
| Data | 26.06.2011, 01:30 | Entrada libre até completar aforo |