Animated logo

O Festival de Jazz de Vigo, organizado polo Concello de Vigo, celebrarase desde o 29 de xuño ata o 4 de xullo. Esta edición estará dirixida por Yago Vázquez e Felipe Villar, que buscan amosar un espectro máis amplo das diferentes vertentes do jazz e ao mesmo tempo tenderá unha ponte cara ao mellor jazz norteamericano e especialmente cara á cidade de Nova York.

descargar dossier

Yago Vázquez

Yago Vázquez é un pianista ecompositor vigues afincado en Nova York. Comezou os seus estudos no Conservatorio de Música de Vigo e estudou música moderna en Estudio, Escola de Música e no Seminario de Jazz de Pontevedra. En 2008 recibe un a bolsa para estudar na universidade The New School for Jazz en Nova York, onde reside desde entón. Durante a súa carreira actuou nos clubs de jazz máis prestixiosos de Nova York e participou en numerosas xiras internacionais en América, Europa e Asia. Aparece en máis de trinta discos publicados e ten actuado con músicos como Reggie Workman, Billy Harper, Drew Gress, David Schnitter, Jamie Baum, Gilad Hekselman, Joe Martin ou Ingrid Jensen entre moitos outros.

Gañador do Premio Martín Códax ao mellor artista de jazz 2018 e nominado aos Premios Pulsar 2016 (Chile) e Echo Awards 2016 (Alemaña).

Felipe Villar

Felipe Villar (Vigo, 1976) é un dos máis activos guitarristas de jazz da escena galega. Formado no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e graduado en Jazz pola esmae (Porto), exerce tamén de educador no Conservatorio Mayeusis e de programador no Festival Nigranjazz e en La Casa de Arriba.

Como artista, ten editados dous discos como líder do seu trío (Home e Outro) e participa noutros moitos proxectos como músico, arranxador ou produtor.