A improvisación libre, sen restricións de ningún tipo, é unha importante e liberadora forma de música, unha actividade altamente creativa que non pode ser substituída por ningunha outra, e non debe confundirse con estilos nin compositores específicos. O traballo deste taller varía entre o improvisar totalmente libre, sen consignas que seguir, ate pezas compostas para ser interpretadas por improvisadores nas cales, aínda que a marxe de liberdade sexa considerable, o músico está obrigado a seguir instrucións concretas do compositor.

Neste taller introdutorio crearemos entre dúas e tres pezas, das que logo se fará unha mostra a modo de micro concerto. Traballaremos materiais específicos, estruturas, falaremos da importancia do silencio, do non tocar e da escoita activa.


Web