Julián Elvira proponnos un taller pensado para todos os públicos e moi especialmente para nenos e nenas, que mestura improvisación con tubos cotiáns e instrumentos tradicionais. Tubocatessen aposta pola imaxinación constante nun mundo que non sempre nos sorrí á primeira, quedando patentes valores como a creatividade e o optimismo cunha estética moderna, un resultado musical plural e unha mensaxe de fantasía.


Web