1 xullo

Hermeto Pascoal e Grupo

Concerto de apertura
21:00h, Auditorio Municipal do Concello

Considerado unha das figuras fundamentais da Música Popular de Brasil, Hermeto Pascoal visita por vez primeira Galicia e faino na apertura do décimo segundo Imaxina Sons.

mercar entrada

2 xullo

Alberto Vilas Cuarteto

Jazz fóra de lugar
13:00, Ronda de Don Bosco (nas inmediacións da estatua)

Ubuntu é unha palabra das linguas indíxenas sudafricanas zulú e xhosa, que alude nesas culturas tradicionais unha dimensión ético-moral da convivencia baseada no respecto mutuo, a empatía e a colaboración libre, aberta, valente e sinceira entre as persoas.

Julia Hülsmann Quartet

Concerto
21:00, Auditorio Municipal do Concello

Resulta difícil imaxinar o jazz alemán sen Julia Hülsmann dando forma ao jazz contemporáneo no seu país.

mercar entrada

3 xullo

Pablo Sanmamed Trío

Jazz fóra de lugar
13:00, Praza de M. Diego Santos (Bouzas)

Formado en 2015, o trío de Pablo Sanmamed presenta una escolma de temas nos que predominan as composicións propias, ademáis de dúas versións de obras de compositores coma Ibrahim Al Aryan ou Ariel Ramírez.

Masaa

Concerto
21:00, Auditorio Municipal do Concello

Masaa é un mosaico de sons e culturas. Xogos musicais entre Oriente e Occidente, entre o que nos é alleo e o familiar.

mercar entrada

4 xullo

Robertoliveira

Concerto
20:30, MARCO

Robertoliveira (Salceda de Caselas, 1979) é percusionista especializado no comisionado e estrea de obras, especificamente para percusión e electrónica —música electroacústica— de novos compositores nacionais e internacionais.

mercar entrada

5 xullo

Frank Gratkowski

Concerto
20:30, MARCO

Frank Gratkowski (Hamburgo, 1963) comezou tocar o saxo aos dezaseis repartindo os seus estudos entre Hamburgo e Colonia.

mercar entrada

6 xullo

FronTTon

Concerto
20:30, MARCO

FronTTon é un grupo de electroacústica, que propón o seu propio son, libre de clixés estilísticos e repleto de novas emocións.

mercar entrada

7 xullo

Transbordo espacial. Partituras gráficas

Inauguración da exposición
20:00, Casa das Artes

Formado nas artes plásticas e visuais e considerándose a si mesmo un músico “de oído”, Pelayo Fernández Arrizabalaga botou man de artiluxios visuais para comprender a notación musical.

Nani García Trío

Concerto
21:00, Auditorio Municipal do Concello

Este proxecto explora de forma moi concreta o melting pot resultante de mistura de melodías de autoría propia, extraídas de bandas sonoras ou partituras escritas orixinalmente para teatro ou televisión, postas no contexto jazzístico sen renunciar á emocionalidade que supón o acompañamento sempre expresivo da corda tan afín ao mundo do da música no audiovisual.

mercar entrada

Pedro Neves Trio

Concerto
23:00, Rúa Londres

Pedro Neves naceu no ano 1978 no Porto, Portugal. Comezou estudar piano e música clásica con sete anos, vinculado ao Instituto ORFF do Porto e á súa cidade.

mercar entrada

8 xullo

Aki Takase

Concerto
21:00, Auditorio Municipal do Concello

Aki Takase naceu en Osaka e medrou en Tokio. Desde os tres anos recibe leccións de piano. Será este instrumento a súa materia central nos estudos na Tohogakuen University en Tokio.

mercar entrada

Girls in Airports

Concerto
23:00, Rúa Londres

A cativadora paisaxe sonora dos Girls in Airports atravesa xéneros musicais e fronteiras xeográficas. A súa mestura de jazz, indie e folk urbano deriva en creación de melodías apegadizas e grooves hipnóticos.

mercar entrada

9 xullo

Treme

Jazz fóra de lugar
13:00, Peonil do Calvario (nas inmediacións do Mercado)

Non hai nada que foron galardoadas co premio Músicaxove 15 á mellor banda galega. Su Garrido Pombo, voz e guitarra, e Margarida Mariño, violoncello, son dúas músicas de Vigo que se unen nesta nova colaboración musical, minimalista e íntima con influencias que van dende a bossa nova ata o trip Hop, cun repertorio de temas propios.

Orquestra de Jazz de Matosinhos

Concerto
21:00, Auditorio Municipal do Concello

A Orquestra Jazz de Matosinhos, creada en 1999 co apoio da Cámara Municipal de Matosinhos, é un laboratorio permanente que se achega ao Festival Imaxina Sons por vez primeira.

mercar entrada

Kin García Trio

Concerto
23:00, Rúa Londres

Kin García é un contrabaixista indispensable na escena do jazz galego e a world-music cunha longa traxectoria nacional e internacional.

mercar entrada

José Nine Cuarteto

Jazz na Noite
00:30, Contrabajo (Rúa Venezuela, 82)

O saxofonista e frautista José Nine (Rianxo, 1965) é un músico de longa traxectoria con máis de trinta anos de andaina tras de si.